Arrinca a Volta a España de ciclismo, de novo con presenza na Ribeira Sacra

A pesar das dificultades que a pandemia de Coronavirus está a impoñer á práctica de deportes, o ciclismo é un dos poucos que conseguiu completar o calendario de grandes probas ciclistas en Europa. Tras a celebración do Tour de Francia, actualmente estase desenvolvendo o Xiro de Italia, e o próximo 20 de outubro arrinca en lrún a 75º Edición da Volta a España que concluirá o 8 de novembro en Madrid tras 18 etapas, nunha datas que non son as habituais, como consecuencia da crise sanitaria, que tamén obrigou a cambiar a idea inicial da Organización, que prevía unha edición con saída en Utrecht (Holanda) e dúas etapas en Portugal. O que non cambiou é a presenza da Volta en Galicia, na que tras unha xornada de descanso o día 2 de novembro na Coruña, o martes 3 terá unha interesante etapa entre Muros e o Miradoiro do Ézaro, para o día 4 ter á rolda multicolor da Volta pola Ribeira Sacra na etapa 14 Lugo-Ourense, con 205 Km a segunda de maior percorrido, unha etapa que ben podería clasificarse de media montaña, con tres portos de terceira categoría, o Alto de Escairón, o Alto de Guítara e o Alto de Abeleira a só 22 Km da meta e que ademais terá en Monforte un Sprint Intermedio.

A Volta 2018 chegou a Luintra desde Mombuey e en 2016 tivo a Ribeira Sacra un absoluto protagonismo coa espectacular etapa Monforte- Luintra, da que podemos ver un resumo no vídeo adxunto:

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Galicia, non consegue remitir o ritmo de contaxios, sobre todo na área sanitaria de Ourense

Seguinte Nova

A Xunta pon en valor as construcións subacuáticas do río miño

Últimas noticias sobre DEPORTES

A %d blogueros les gusta esto: