O PLENO DE SOBER ESIXE AO GOBERNO CENTRAL QUE RESTABLEZA OS SERVIZOS FERROVIARIOS NO SUR DE LUGO

O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, e a concelleira e deputada autonómica Raquel Arias, na estación de Canaval.

As reivindicacións de servizos ferroviarios eficientes e de calidade continúan a protagonizar a actualidade municipal. Desta volta, o Pleno do Concello de Sober do mes de setembro aprobou unha moción para esixir ao Ministerio de Transportes, Movilidade y Agenda Urbana que non empregue a emerxencia sanitaria para discriminar aínda máis á provincia de Lugo en materia ferroviaria.
A moción, aprobada a iniciativa do equipo de Goberno local, demanda que se restitúan os servizos ferroviarios na zona sur, e incluso que se amplíe a frecuencia na liña Lugo- Monforte-Ourense, e tamén nas rutas a Madrid e Barcelona.

MÁIS MAQUINISTAS
Outra das peticións que recolle a moción do Pleno soberino fai referencia ao incremento da plantilla de maquinistas e do conxunto do persoal ferroviario, para ofrecer un servizo de calidade aos usuarios.

AXILIZAR A EXECUCIÓN DAS VARIANTES DE CANAVAL E OURAL
Así mesmo, na moción presentada polo Goberno local de Fernández Guitián demándase que se retome o compromiso adquirido polo Goberno de Rajoy para a modernización da liña entre Lugo e Ourense a través da alta velocidade. O proxecto inclúe, entre outras actuacións, a execución das variantes de Canaval e Oural e a electrificación e mellora da vías.
Dende o Goberno local lembraron que boa parte das reducións de servizos impostas polo Goberno central afectan á provincia de Lugo. Este recorte supón que dos 29 trens eliminados en Galicia, 22 afectan de xeito directo á estación de Monforte. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Vicepresidencia da Deputación colaborará na ampliación do Museo do Pobo Galego

Seguinte Nova

Galicia, non consegue remitir o ritmo de contaxios, sobre todo na área sanitaria de Ourense

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

A %d blogueros les gusta esto: