O colexio de Sober terá unha aula anti-covid grazas á doazón da empresa Pulviplass

A centenaria firma soberina achegou un lote completo de material de protección para aumentar a seguridade do CEIP Virxe do Carme

Entrega do material de protección á directora do CEIP Virxe do Carme, Montserrat Rodríguez, por parte do responsable de Pulviplass Ibérica, Víctor Fernández. GPCS

O colexio público de Sober recibiu unha dotación de material de protección hixiénico-sanitaria de parte da empresa Pulviplass. O lote permitirá manter unha aula de illamento no CEIP Virxe do Carme, para dar máis seguridade ao alumnado e profesorado do centro educativo de Sober.

O responsable de Pulviplass Ibérica, Víctor Fernández, fixo entrega do material de protección á directora do colexio, Montserrat Rodríguez, que expresou o agradecemento de toda a comunidade educativa a esta empresa soberina polo seu xesto solidario.

O lote aportado por Pulviplass incluiu dous botes con dosificador de xel hidroalcohólico, unha decena de batas impermeables desbotables, unha caixa de máscaras cirúrxicas infantís, outra de talla adulto, e unha terceira de máscaras FFP2 para adulto, ademais de dúas pantallas de protección e dous pulverizadores manuais para facilitar a aplicación do desinfectante.

A empresa Pulviplass Ibérica, que xa supera un século de actividade, comercializa pulverizadores e sulfatadoras, ademais doutros materiais destinados á viticultura. Nos últimos meses, está a realizar exportacións a países tan diversos como Guatemala, Perú, Grecia ou Portugal, achegando fóra de Galicia os seus produtos baixo as marcas comerciais Floral, Pulviplass e Sober.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Mostra sonora a través de 20 instrumentos musicais do mundo co sarriao Abraham Cupeiro

Seguinte Nova

A exposición “Facer Camiño” fai parada en Lugo ata outubro

Últimas noticias sobre EDUCACIÓN

A %d blogueros les gusta esto: