A Ribeira Sacra rematou agosto cun 85% de ocupación, cos hoteis de 4 e 3 estrelas case cheos durante as fins de semana

As previsións para setembro estiman cubrir o 56% das prazas, cifra semellante ás doutros anos

Visitantes na Oficina de Turismo de Quiroga este verán. (Foto: EC)

O agravamento puntual da pandemia en Monforte de Lemos durante o mes de agosto non foi freo para a chegada de turistas. Segundo informou o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, a zona rexistrou unha ocupación media do 85% durante dito mes, superando en 9 puntos as previsións dos hostaleiros a finais de xullo. Notouse a diferencia respecto ao ano pasado, no que se chegou ao 94,5% de ocupación, pero as cifras son positivas tendo en conta a conxuntura xeral.
O TURISMO RURAL, O QUE MÁIS MEDROU
En canto ao tipo de establecementos elixidos polos visitantes, as casas de turismo rural foron as que tiveron unha recuperación máis salientable respecto ás expectativas de xullo, rematando agosto cunha ocupación do 79%, un 17% máis do esperado.

OS HOTEIS, CERCA DO RÉCORD DO ANO PASADO
A ocupación máis elevada en agosto rexistrouse na franxa de hoteis de 4 e 3 estrelas, cun 93%, porcentaxe que acadou picos de ata o 95,3% durante as fins de semana. Dende o Consorcio salientaron esta cifra como a segunda máis alta dos últimos anos, só por detrás do récord acadado en 2019.
Segundo a enquisa do Consorcio, os hostaleiros prevén unha ocupación do 56% para setembro, en niveis semellantes aos dos últimos anos. Nos hoteis de 4 e 3 estrelas, estímase que a ocupación chegue ao 71% de luns a xoves, e ao 90% en fin de semana.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Galicia rexistra 2753 novos contaxios de coronavirus no que levamos de setembro

Seguinte Nova

Máis de 14.300 viaxeiros desfrutaron dos catamaráns da Ribeira Sacra no que vai de tempada

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: