A finais do mes de xullo, quedaba asinado o convenio polo que a Deputación de Lugo aporta 36.907 euros para axudar ao Centro Comercial Urbano de Monforte nun plan de dixitalización do pequeno comercio.
A sinatura, que tivo lugar o día 31, reuniu ao presidente do organismo provincial, José Tomé, e ao presidente do CCU Monforte, Juan Carlos González. Tomé salientou que este convenio contribúe a impulsar ao comercio de proximidade «nuns momentos difíciles» nos que é preciso, segundo o mandatario provincial, «recuperar a confianza da cidadanía e buscar novas fórmulas de promoción e venda que resulten atractivas».
VANTAXES DA DIXITALIZACIÓN DO PEQUENO COMERCIO
O convenio ten como obxectivo apoiar aos pequenos comercios para que implanten as novas tecnoloxías nos seus procesos de venda e promoción, adaptándose así ás demandas do consumidor actual e sumar novos mercados para os seus produtos e servizos.•
Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO
A Asociación Veciñal do Saviñao, representada pola súa Presidenta Celia Ferreiro Riazor, solicitou á Alcaldía un
A Asociación Cosmética Galega (ACG) comeza o seu camiño co impulso de vinte e dúas empresas
Representantes da Asociación de Veciños de Parteme, aldea da parroquia de Nocedo, mantiveron un encontro coa
Gonzalo L. Torres. Moito falamos do Feismo urbanístico en Galicia, e seguro que moitos de nós
O pasado 19 de xullo, os representantes da Asociación Veciñal do Saviñao entregaron no Concello un