Crónica del sur de Lugo

Visitas guiadas a demanda pola Pobra do Brollón

O enclave medieval de Os Conventos centra as visitas de xullo, e o xacemento romano-medieval do Castro de San Lourenzo en agosto, entre outros puntos de interese

Imaxe de arquivo das visitas á Cova das Choias, na parroquia de Óutara, que organiza o Concello da Pobra do Brollón. GPCPB

Ata o 16 de agosto, está en marcha o programa de visitas guiadas por varios enclaves de interese da Pobra do Brollón. De martes a venres, ás 10:00 horas, teñen lugar as visitas aos enclaves arqueolóxicos deste municipio, ao xacemento medieval Os Conventos en xullo, e ao Castro de San Lourenzo en agosto.
Estas visitas poden combinarse, con horario a elixir polos usuarios, coa experiencia Adegas da Memoria, que ofrece un percorrido polas adegas centenarias de Vilachá de Salvadur, con explicacións históricas e cata de viños locais. As visitas son gratuítas, e a cata ten un prezo de 3 euros.
Tamén se pode escoller o horario para visita, sempre en fin de semana, a Cova das Choias, situada na parroquia de Óutara, na que se poden contemplar o seu musgo luminiscente e as colonias de morcegos, sen descartar a presenza dalgúns seres míticos.
Precísase reservar cita no 650 624 828, e levar máscara. As visitas son de grupo, entre 5 e 15 persoas, agás á Cova das Choias, cun aforo máximo de 10 persoas. •

Deja una respuesta

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre AXENDA

     
Ir a Inicio