Crónica del sur de Lugo

Máis citas coa música en directo na terraza do Círculo Saviñao

Animación e boa música no concerto ofrecido por Sheila Patricia no Círculo Saviñao o pasado 18 de xullo. CS

A actividade cultural continúa viva no Círculo Saviñao. O dinamismo da directiva e o comportamento responsable do público está a permitir desfrutar da terraza de verán, escoitando boa música en directo con todas as garantías sanitarias.

VELADA MUSICAL CON SHEILA PATRICIA PARA PECHAR A AXENDA DE XULLO
No primeiro mes dende a reapertura trala pandemia, o Círculo acolleu tres actuacións, a última delas a cargo da cantautora Sheila Patricia. A xove artista pontevedresa interpretou un repertorio baseado no seu primeiro disco, «El camino de los sueños», xunto a outras pezas da música galega, portuguesa e sudamericana. A velada musical, animada coa calidez, cercanía e talento desta xove profesora de canto, completouse cun adianto do que será o seu segundo disco.

CITAS DE AGOSTO NA TERRAZA DO CÍRCULO
A axenda cultural segue todo o verán na terraza do Círculo. O sábado 1 de agosto, terá lugar a actuación de David Prado. A seguinte cita será o sábado 8, con Sara Méndez ao saxo e Ana Gayoso ao piano. Os concertos, de entrada libre, son ás oito da tarde.•

Deja una respuesta

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

     
Ir a Inicio