As piscinas municipais do sur lucense arrancan un verán marcado pola covid-19

A normativa non impide desfrutar das piscinas municipais este verán. Imaxe de arquivo das instalacións de Quiroga. Arquivo EC

A pesar da singularidade do primeiro verán tras o confinamento, as piscinas municipais do sur lucense arrancaron a tempada ofrecendo as mellores condicións para o seu desfrute. Bañistas e membros da plantilla están suxeitos ás normativas hixiénico-sanitarias, nun xesto de responsabilidade individual que é especialmente importante cando se fai uso de espazos comunitarios.

AS PISCINAS EXTERIORES DE CHANTADA ABREN MAÑÁ E TARDE
Os chantadinos poden desfrutar en dobre turno das piscinas municipais exteriores, respectando as normas de sanidade. En xullo, as instalacións están abertas de once e media a dúas, e de tres a nove da noite. En agosto, mantense o mesmo horario pola mañá, e pola tarde pechan trinta minutors antes, ás nove e media. O uso da máscara é obrigatorio, e no caso da piscina infantil téñena que levar os acompañantes dos nenos. Ademais, haberá que manter a distancia de seguridade durante o baño.

HORARIO CONTINUO NAS PISCINAS DE SARRIA
Na vila xacobea, as piscinas municipais non pechan ao mediodía. Ata o seis de setembro, as instalacións permanecen abertas dende as once e media da mañá ata as oito e media da tarde. Polas recomendacións sanitarias, o aforo redúcese un 25%, permitindo un máximo de 350 persoas, en quendas dunha hora de duración. Tamén é obrigatorio usar máscara e manter a distancia de seguridade nas instalacións.

MÁIS TEMPO DE PISCINA EN SOBER NAS FINS DE SEMANA
En Sober, o horario de apertura das piscinas municipais ofrece máis tempo de desfrute nas fins de semana do verán. De luns a venres, están abertas dende as tres ata as oito e media da tarde, e os sábados e domingos cerran ás nove.
A pesar desta boa disposición, a limitación de aforo pola covid-19 só permite entrar nas piscinas de Sober aos empadroados no municipio e aos seus familiares en primeiro e segundo grao. En total, as instalacións aceptan un máximo de 233 persoas, con especificación do número de persoas que poden bañarse na mesma quenda en cada vaso. Haberá que usar máscara todo o tempo, agás durante o baño, e manter no posible a distancia de seguridade.
Outra das novidades nas piscinas de Sober é o túnel hixienizante, que desinfecta por nebulización ao entrar nas instalacións. O túnel foi unha doazón de Bodegas Rectoral de Amandi. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Última xornada das charlas arqueolóxicas con viño na Pobra do Brollón

Seguinte Nova

Máis citas coa música en directo na terraza do Círculo Saviñao

Últimas noticias sobre DEPORTES

A %d blogueros les gusta esto: