Crónica del sur de Lugo

Volven os Paseos en Barca polo río Cabe

Os usuarios deberán usar máscara e xel hidroalcohólico, e seguir as recomendacións de aforo

Foto de arquivo dunha edición anterior do programa Paseos en Barca polo río Cabe. (Foto: MONTERO)

A pandemia non conseguiu frear o desfrute do río no verán de Monforte. O programa Paseos en Barca comezou a primeiros de xullo, mantendo as viaxes de tarde entre semana, e con dobre sesión de mañá e tarde en fin de semana e festivos.

MANTENSE O PREZO DOS ANOS ANTERIORES
Os paseos manteñen o prezo da pasada edición, que é de 3,25 euros por unha viaxe de media hora. Como novidade, os visitantes deberán cumprir coa aplicación rigorosa do protocolo hixiénico-sanitario, establecido para todos os espazos públicos.
MEDIDAS SANITARIAS PARA PASEAR NAS BARCAS
Para participar nesta actividade, organizada polo Concello de Monforte e xestionada polo Club de Montaña e Piragüismo Quixós, é obrigatorio o uso de máscara en todo momento, así como a aplicación de xel hidroalcohólico que se ofrece aos usuarios. O encargado do servizo establecerá a capacidade máxima das barcas, así como as distancias de seguridade, se fose preciso. Os usuarios poderán solicitar chalecos salvavidas para a realización dos paseos.
O programa de Paseos en Barca polo Cabe está en funcionamento ata o 30 de setembro.•

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre AXENDA

     
Ir a Inicio