Crónica del sur de Lugo

A Xunta leva entregados 1,5 millóns de epis na provincia de Lugo

Esta semana realizouse unha nova entrega de material de protección, a número dezasete dende o comezo da crise sanitaria

Imaxe de arquivo dun dos lotes de material de protección individual que a Xunta remitiu á provincia de Lugo. (Arquivo EC)

A Xunta vén de realizar un novo envío de unidades de protección individuais contra a covid-19 a residencias e centros sociais da provincia de Lugo. Este lote, que fai o número dezasete na serie remitida por Sanidade á provincia nos últimos catro meses, incluiu 77.400 unidades para 79 residencias e centros sociais de todo o territorio lucense. Con este envío, xa son case 1.255.000 unidades de protección as enviadas pola Xunta á provincia dende o inicio da crise sanitaria.
O primeiro lote foi remitido a principios de abril, e dende entón subministráronse a 156 centros lucenses un total de 570.580 guantes, 615.417 máscaras e pantallas faciais, 15.695 batas e mandís, 18.100 gorros, 26.700 calzas, 7.771 unidades de produtos desinfectantes e 163 trípticos informativos.
Con estas partidas de material, xestionadas a través da plataforma loxística posta en marcha para centralizar a compra e distribución, a Xunta tratou de protexer aos colectivos máis vulnerables nas residencias de maiores, centros de menores e de persoas con discapacidade. •

Deja una respuesta

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre SALUD

Publicidade catamaranes.turismo@deputacionlugo.org Central de Reservas: 982 260 196
     
Ir a Inicio