Crónica del sur de Lugo

Novo vehículo para reforzar o parque de bombeiros de Monforte

• Este todoterreo, adquirido polo Consorcio Provincial, permite atender emerxercias en puntos de difícil acceso

O presidente da Deputación e do Consorcio Provincial, José Tomé, e o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, na entrega do novo vehículo ao parque de bombeiros de Monforte, o 22 de xullo. GPXG

O parque de Bombeiros de Monforte vén de reforzar a súa dotación de vehículos, coa incorporación dunha furgoneta todoterreo. A súa adquisición, por importe de 30.000 euros, correu a cargo do Consorcio Provincial, no que participan ao 50% a Xunta de Galicia e a Deputación de Lugo.
Segundo explicaron os responsables autonómicos e provinciais na entrega do vehículo, o pasado 22 de xullo, a furgoneta todoterreo permite intervencións rápidas, mellorando os tempos de intervención e chegando a puntos de difícil acceso.

PERSOAL E EQUIPAMENTO NUN SÓ VEHÍCULO LIXEIRO
Este novo posto de mando fai máis sinxelo o transporte dos bombeiros e do material tanto en xestións diarias como nas intervencións de maior envergadura, dando apoio aos camións de grandes dimensións. O vehículo inclúe un sistema de separación pechado entre os ocupantes e a carga. Esta disposición permite transportar todo o equipamento, incluíndo equipos de respiración autónomos e de excarceración, botica de primeiros auxilios ou motoserras. A furgoneta dispón tamén dun cable de arrastre para o desprazamento de vehículos avariados
O parque de bombeiros era o único da rede do Consorcio Provincial que non dispoñía dun vehículo destas características. •

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre GALERÍA

     
Ir a Inicio