Alta participación na Aula de Verán que organiza o Concello do Saviñao

O programa ofrece actividades lúdicas a 22 rapaces e rapazas dende o 15 de xullo ata o 31 de agosto

As actividades da Aula de Verán do Concello do Saviñao arrancaron o 15 de xullo. GPCSV

Dende o 15 de xullo, un total de 22 nenos e nenas de 3 a 12 anos participan na Aula de Verán do Saviñao, unha iniciativa do Concello para favorecer a conciliación familiar. O programa, que está en marcha ata o 31 de agosto, incorpora todas as medidas hixiénico-sanitarias “tal e como esixe a situación actual”, explicou a concelleira de Cultura, Beatriz Rois.

A edil amosou a satisfacción do Goberno local polo éxito da iniciativa, que ofrece “un punto de encontro e de lecer para os nenos” mentres “axudamos ás familias a xestionar o seu día a día” durante as vacacións escolares.

Os participantes están repartidos en tres grupos, dun máximo de oito membros cada un máis unha monitora por grupo. As sesións teñen lugar no pavillón municipal, na aula de infantil do colexio de Escairón e na ludoteca municipal, de luns a venres, dende as nove da mañá ata as dúas da tarde.  

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Noite de cine na Pobra do Brollón con “María Solinha”

Seguinte Nova

O brote de coronavirus de A Mariña conta hoxe con 21 casos activos máis

Últimas noticias sobre EVENTOS

A %d blogueros les gusta esto: