Crónica del sur de Lugo

Noite de cine na Pobra do Brollón con “María Solinha”

A estrea desta película galega será en Cereixa o luns 20 xullo ás 21:30 horas

Fotograma das protagonistas do filme galego «María Solinha», dirixido por Ignacio Vilar. GPCPB

A Pobra do Brollón ofrece unha nova cita cultural, desta volta adicada ao cinema galega. A película sobre a personaxe de María Soliña, unha canguesa do século XVII que morreu a mans da Inquisición acusada de bruxería, poderá verse na parroquia de Cereixa o luns 20 de xullo. A proxección terá lugar en Os Carballos, ao carón da igrexa, a partir das 21:30 horas.

PRESENZA DO DIRECTOR, IGNACIO VILAR, E DA PROTAGONISTA, LAURA MÍGUEZ

Como entrante ao visionado da película, dirixida por Ignacio Vilar, haberá un pequeno debate sobre a historia desta personaxe, tendo en conta que o filme se estrea no berce doutra muller senlleira na historia de Galiza, María Castaña, nacida na parroquia de Cereixa. Da vinculación entre estas dúas figuras femininas falará o arqueólogo e historiador Xurxo Ayán, acompañado por Vilar e pola actriz protagonista da película, Laura Míguez, que virá vestida de época, para ambientar o momento histórico no que se desenvolve a historia.

A película plantea a chegada a Cangas do Morrazo dun afamado director, que quere reconstruír no teatro a historia de María Soliña. A protagonista da obra de teatro actual vivirá nas súas carnes, catro séculos despois dos feitos históricos, ecos das agresión padecidas por María Soliña na súa época.

Para asistir á sesión de cine, que é de balde, será obrigatorio o uso de mascarilla, así como respectar a distancia de seguridade. O equipamento técnico, a cargo da empresa Mrmisto, garante unha excelente calidade na proxección e no visionado. O evento está promovido pola Deputación de Lugo coa colaboración do Concello da Pobra do Brollón.

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre CULTURA

     
Ir a Inicio