Crónica del sur de Lugo

Sober recupera a actividade cultural cun concerto

Xoán Eiriz actuará no auditorio na tarde do sábado 18 de xullo

Detalle do cartel promocional do concerto de Xoán Eiriz, que actuará no auditorio de Sober na tarde do sábado 18 de xullo. GPCS

Volve a actividade cultural presencial a Sober, logo do parón polo estado de alarma. A primeira cita desta nova quenda de sesións culturais con protocolo especial anticontaxios será o concerto de Xoán Eiriz, que se celebrará o sábado 18 de xullo a partir das 20:30 horas, no auditorio da Casa da Cultura.

O repertorio que traerá Xoán Eiriz centrarase nas dez cancións que integran o seu novo disco, titulado “Poemas de amor en outono”. Ademais deste disco, que fai o número 14 da súa discografía, o compositor interpretará as pezas máis significativas da súa traxectoria musical.

Dende o Concello de Sober avanzaron que se velará polo cumprimento dos protocolos hixiénico-sanitarios, como a distancia de seguridade, entre outras medidas.  

Deja una respuesta

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre CULTURA

     
Ir a Inicio