Crónica del sur de Lugo

A Praia da Cova estrea o verán con novos arranxos

O Concello do Saviñao renova as varandas deste singular enclave de lecer do sur lucense

Operarios do Concello do Saviñao instalan as novas varandas de madeira tratada no acceso á Praia fluvial da Cova. GPCOS

A Praia da Cova renova a súa fisonomía con novos arranxos. O Concello do Saviñao está a cambiar as varandas que protexen o acceso á zona de baño fluvial, substituíndo un total de 200 metros de barras por outras de madeira tratada.

O alcalde, Juan Carlos Armesto, destacou o resultado que terá esta intervención “para poñer en valor un dos espazos máis emblemáticos da Ribeira Sacra”. O rexedor lembrou a gran afluencia de visitantes que ten a Praia da Cova durante o verán, sobre todo nas fins de semana. De aí a importancia, segundo Armesto, de “amosar unha praia fluvial máis coidada aos turistas”, como un reclamo máis dos moitos que ten este territorio.

Deja una respuesta

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre GALERÍA

     
Ir a Inicio