Crónica del sur de Lugo

Pecha de xeito indefinido o mercadillo dominical do Parque dos Condes

O Concello de Monforte paralizou a reapertura por non existir unha ordenanza que autorice a venda ambulante neste espazo

Imaxe de arquivo do mercadillo que se celebraba no monfortino Parque dos Condes os domingos pola mañá. (Arquivo EC)

O Parque dos Condes de Monforte xa non celebrará máis mercadillos dominicais. Polo menos, ata que non exista unha ordenanza que autorice a venda ambulante neste espazo de titularidade municipal. Así se recolle no decreto asinado polo alcalde, José Tomé, e publicado o 14 de xullo, que inclúe a resposta á consulta feita polo rexedor á Secretaría Xeral do Concello sobre este asunto.

O mercadillo estaba pendente de reapertura tras o seu peche polo estado de alarma sanitaria. A decisión da alcaldía monfortina baséase na situación xurídica deste evento, que leva unha década celebrándose no Parque dos Condes. No decreto municipal explícase que non se pode reabrir o mercado dominical porque non existe unha ordenanza municipal que regule este tipo de venda ambulante, tendo en conta ademais que se desenvolve nun espazo do que é titular o Concello de Monforte. Ademais, dende o Goberno local precisaron que a actividade de compra e venda deste tipo de produtos xa se pode realizar, cumprindo os requisitos estipulados no regulamento correspondente, no campo da feira, os días 6 e 24 de cada mes.

Deja una respuesta

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

     
Ir a Inicio