Investimentos, obras e emprego co Plan Único en Triacastela

O Concello de Triacastela creará catro novos postos de traballo, con parte da dotación do Plan Único da Deputación. GPCT

O Concello de Triacastela destinará boa parte dos fondos achegados pola Deputación a través do Plan Único a investimentos, obras e emprego. O reparto dos fondos aprobouse por unanimidade no Pleno de xuño
O montante do Plan Único para este Concello é de 201.359 euros, dos que 98.537 destinaranse a investimentos. A reconstrucción dunha ponte de acceso no núcleo da Balsa contará con 39.177 euros, outros 33.800 irán para acondicionar a contorna do centro de saúde, e 17.545 para a redacción do Plan Especial de Solo Industrial de Triacastela. Resérvanse 9.698 euros para a redacción de contidos para o centro de interpretación Cova Eirós.
En servizos, reforzarase o Servizo de Axuda no Fogar e financiaranse gastos derivados da pandemia con 22.840 euros do Plan Único.
A creación de emprego contará cunha partida importante, 72.988 euros, que permitirá contratar tres peóns e un administrativo.
O resto da dotación do Plan Único destinarase á mellora da administración electrónica, con 3.849 euros para o Programa Gestiona, e a actividades culturais e deportivas. Neste apartado, os 10.264 euros restantes da partida provioncial financiarán un libro-guía sobre Triacastela, que se presentará este verán, e o campamento de voluntariado sobre o Camiño. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Sarria súmase á Rede de Comercios no Camiño

Seguinte Nova

Importantes investimentos para rehabilitar o patrimonio monumental da Ribeira Sacra

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: