Crónica del sur de Lugo

Sarria súmase á Rede de Comercios no Camiño

•Un total de 295 establecementos da provincia participan nesta iniciativa

O conselleiro de Economía, Francisco Conde, visitou os comercios de Sarria o pasado 10 de xullo, para presentar a Rede de Comercios no Camiño. GPXG

Máis de 1.300 establecementos de toda Galicia xa forman parte da Rede de Comercios do Camiño, unha iniciativa na que tamén se integran 16 prazas de abastos galegas. Sarria centrou a presentación desta iniciativa, que ten como obxectivo potenciar as vendas do comercio de proximidade naqueles concellos polos que discorren as rutas xacobeas. Ademais, a Rede contribuirá a mellorar os servizos que os establecementos ofrecen aos peregrinos.
No conxunto da provincia de Lugo, a Rede de Comercios do Camiño acolle a 265 establecementos, que se beneficiarán das medidas de impulso e dinamización activadas con motivo do Xacobeo 2021. •

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

     
Ir a Inicio