A iniciativa municipal «A todo Bar» apoia á hostalería de Brollón e premia á clientela

Imaxe das tarxetas coas que consumir nos locais da Pobra do Brollón e participar no sorteo de produtos. GPCPB

O Concello da Pobra do Brollón vén de activar a campaña «A todo Bar», para apoiar á hostalería e premiar aos consumidores, neste caso con sorteos de produtos locais.
Con cada consumición de bebida máis tapa, o establecemento porá un selo, ata completar o circuíto dos oito locais participantes: O Pirata, Avenida, A Vella Taberna, Primeiro de Maio e O Chiringuito, na Pobra; A Cantina de Julia e A Salanova en Salcedo; e O Fogón en Cereixa.
Todas as tarxetas que acaden os oito selos entrarán no sorteo celebrado cada dúas semanas. Os sorteos terán lugar sempre en luns, ao longo dos meses de verán. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Como gastar 1.000 euros nunha hora de compras por Sarria

Seguinte Nova

Reabre o Centro do Viño de Monforte incorporando máis tecnoloxía para atender aos visitantes

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: