Como gastar 1.000 euros nunha hora de compras por Sarria

Imaxe de arquivo da gañadora da campaña «60×1.000» que organizou o ano pasado o comercio asociado de Sarria. (Arquivo EC)

Ata o 5 de agosto, o comercio asociado de Sarria ten en marcha a campaña «En 60 minutos 1.000 euros- 60 x 1.000», unha das iniciativas con máis impacto das que organiza ACES-Sarria ao longo do ano.

UN MES PARA IR ACUMULANDO TIQUETS COS QUE PARTICIPAR NO SORTEO DE 1.000 EUROS
Os clientes que merquen nos establecementos asociados da vila xacobea entrarán nun sorteo dun vale por importe de 1.000 euros. Pero este premio ten dúas condicións: os mil euros haberá que gastalos comprando nos comercios que participan na campaña e, sobre todo, nun tempo récor de 60 minutos.
Unha vez que remate a campaña, procederase ao sorteo ante notario entre os tiquets de compra que se vaian acumulando nas furnas do conxunto dos establecementos participantes. A organización avisará con marxe suficiente do día e a hora fixados para que a persoa premiada no sorteo poida desfrutar de ir de compras por Sarria con mil euros no peto.

ESTABLECEMENTOS PARTICIPANTES NA CAMPAÑA
A presente edición da campaña «En 60 minutos 1.000 euros- 60 x 1.000» conta coa participación dos establecementos Ara Moda, Bicarelo, Bicos de Fío, Brissa Salón, Cactus Rose, Calzados Gayoso, Calzados Veiga, Colorín Colorado Sarria, Cris Abad, Dimar, Duet Moda, Electronova, Isabel Moda, Juguetería 1, 2, 3… escondite inglés, Lar de Menchu, Los sueños de Uxía, Mercería Lucía, Mercería Sarillo, Moncho Moda, Óptica Malecón, Peregrinoteca, Píkaros Story, Santamarta, Senayo, Trece Tablas, Ultreia, Vilamey Complementos e Zaida.
Dende ACES-Sarria, animan á veciñanza a participar nesta campaña, que coincide ademais co periodo de rebaixas do comercio. O obxectivo é premiar a fidelidade dos clientes e reactivar a economía. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Máis prevención e máis control dos incendios coas novas tecnoloxías

Seguinte Nova

A iniciativa municipal «A todo Bar» apoia á hostalería de Brollón e premia á clientela

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: