Programación cultural de verán en Brollón

Circo, espectáculo de maxia e viaxes á praia son algunhas das actividades

Redacción-Monforte

O Concello de A Pobra do Brollón aínda non ten pechada ao cen por cen a programación cultural para este verán. Sen embargo, son xa varias as actividades confirmadas. Deste xeito, o vindeiro día 6 de agosto terá lugar o Novo Circo ás dez da noite, un espectáculo de Pablo Trasno. Asimesmo, o vindeiro 21 de agosto, tamén ás dez da noite, na área de Sangueiros organizarase un espectáculo de maxia a cargo do Mago Teto. Por outra parte, ao igual que todos os anos, xa están preparadas unha serie de viaxes á praia durante os meses de xullo e agosto. Dentro deste programa de saídas, os días previstos serán o 10 de xullo á praia de Samil, o 17 de xullo a Miño, o 24 de xullo a Viveiro e o 31 de xullo á praia de Gandarío. Mentres tanto, durante o mes de agosto, o día 7 está prevista unha viaxe á praia de Miño, e xa por último o día 21 a Samil. Son viaxes que contan cun número de prazas limitado, polo que todos aqueles que estén interesados en participar deberán apuntarse na biblioteca do concello, en horario de mañá ou de tarde, e sempre antes da unha e media do mediodía do venres anterior á excursión. O prezo desta actividade é de 10 euros cada viaxe. De igual forma, tamén está prevista unha saída ao Aquapark, aínda que, tal e como sinalaron dende o concello, de momento non hai data fixada. Segundo explicaron dende o Concello, están previstas máis actividades, tanto para nenos como para adultos, sen embargo, a programación aínda non está pechada debido aos resultados das eleccións, xa que o equipo de goberno se atopa en fase de negociacións. Con todo isto, agardan poder contar cunha oferta máis ampla, incluíndo varias actividades e tamén as festas que durante os meses de verán teñen lugar.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Presentación do libro “Os últimos brindeiros de Forgas”

Seguinte Nova

Seguimiento de encuestas

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: