Os catamaráns da Ribeira Sacra van a máis

Na segunda fin de semana desta tempada atípica pola crise sanitaria, triplicouse o número de usuarios destas rutas fluviais

As viaxes en catamarán pola Ribeira Sacra seguen un estrito protocolo hixiénico-sanitario, que obriga ao uso de mascarillas. Ademais, reduciuse o número de prazas, cun calendario de saídas alternativo para evitar aglomeracións, e con desinfeccións do barco ao remate de cada viaxe. GPDL

O interese dos viaxeiros por desfrutar das rutas fluviais pola Ribeira Sacra vai a máis, nunha tempada turística marcada pola crise da Covid-19. Na segunda fin de semana dende a posta en marcha da tempada dos catamaráns da Deputación, triplicouse o número de viaxeiros, ata acadar os 180 entre sábado e domingo, que se animaron a coñecer a Ribeira Sacra dende a auga, a bordo de embarcacións sometidas a estritos protocolos hixiénico-sanitarios.

DATOS “MOI POSITIVOS” QUE CONTRIBUIRÁN A UN “EFECTO MULTIPLICADOR EN PERNOCTAS E CONSUMO” NO COMERCIO E NA HOSTALERÍA

A deputada de Turismo, Pilar García Porto, manifestou a súa satisfacción por estes datos iniciais, “moi positivos” e que cumpren “as nosas expectativas”. García Porto salientou que “a xente vai gañando confianza e aposta por esta alternativa de lecer na natureza que ofrece a Deputación para gozar do rico patrimonio da Ribeira Sacra”.

A responsable de Turismo na Deputación amosou a súa esperanza en que a cifra de viaxeiros siga medrando. O obxectivo do organismo provincial é que as rutas fluviais “axuden á recuperación da economía despois da etapa máis dura da pandemia, xerando un efecto multiplicador na comarca e na provincia, en termos de pernoctas e de consumo hostaleiro e comercial”.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Monforte será o punto de partida do VIII Rally Turístico Terras do Incio

Seguinte Nova

A necrópole do Castro de San Lourenzo acollerá unha nova edición do campo de voluntariado

Últimas noticias sobre EVENTOS

A %d blogueros les gusta esto: