Crónica del sur de Lugo

Sober desenvolverá no mes de xullo unha nova edición do campamento de verán “Coñece o teu Concello”

Polas restriccións sanitarias, haberá seis prazas por semana, para nenos e nenas de 4 a 12 anos

Imaxe de arquivo dunha edición anterior do campamento de verán «Coñece o teu Concello», que organiza o Concello de Sober durante o mes de xullo. GPCS

O primeiro de xullo, arrancará a cuarta edición do campamento de verán “Coñece o teu Concello”, unha iniciativa lúdica e educativa coa que o Consistorio soberino trata de dinamizar as vacacións dos escolares entre 4 e 12 anos. A iniciativa estará en marcha ata o 30 de xullo.

LECER PARA OS CATIVOS E CONCILIACIÓN PARA AS FAMILIAS NAS VACACIÓNS ESCOLARES

Desta volta, e debido á normativa sanitaria pola Covid-19, ofértanse seis prazas por semana. O alcalde, Luis Fernández Guitián, animou aos nenos e nenas a participar neste campamento, que mestura actividades de lecer con accións educativas en diversos puntos do municipio, ao tempo que se favorece a conciliación familiar durante as vacacións escolares. O rexedor explicou que o campamento “levarase a cabo, sempre que as autoridades competentes o permitan, adaptándonos ás novas medidas de seguridade e hixiene e seguindo os protocolos necesarios para crear un entorno totalmente controlado e seguro”.

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre EDUCACION

Ir a Inicio