Arranxan un tramo da estrada paralela ao Camiño de Santiago en Triacastela

As obras, nas que a Xunta investiu 45.000 euros, melloran a seguridade e a estética dun treito en curva da LU-633

Resultado das obras feitas na LU-633, no quilómetro 28, situado á saída da capitalidade de Triacastela e que coincide co trazado do Camiño de Santiago. GPXG

O conxunto de melloras que a Xunta realiza en estradas paralelas ao Camiño de Santiago suman unha nova actuación. Á saída da capitalidade de Triacastela, os peregrinos e condutores atopan a estrada LU-633 cun novo firme e unha renovada estética. Este vial amosaba un treito en curva no quilómetro 28, que agora se recuperou para crear un espazo humanizado, dotado con zonas verdes e mobiliario urbano, o que permite un maior desfrute para peregrinos e veciñanza. Ao mesmo tempo, o proxecto mellorou as características do trazado, repoñendo o firme cunha capa bituminosa en quente, e instalando unha barreira de seguridade que separe a nova zona de lecer da estrada autonómica.

A Xunta destinou a estas obras preto de 45.000 euros, nunha obra que completa o conxunto de actuacións desenvolvidas en 2019 para mellorar a seguridade viaria na ruta xacobea que discorre xunto á estrada LU-633.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Medidas especiais no comercio para garantir a seguridade e evitar contaxios

Seguinte Nova

Reactivan axudas por case 280.000 euros para executar canto antes 11 recursos turísticos da zona sur

Últimas noticias sobre GALERÍA

A %d blogueros les gusta esto: