Crónica del sur de Lugo

O colexio de Bóveda, entre as catro incorporacións do sur lucense ao programa E-Dixgal

Tamén entrarán neste plan dixital de Educación os colexios de Quiroga e Escairón, e o IES Río Cabe de Monforte

Os colexios de Bóveda, Quiroga e Escairón, ademais do IES Río Cabe de Monforte, estrearán a modalidade de formación dixital nas aulas o vindeiro curso. (Arquivo EC)

Un total de catro centros educativos do sur de Lugo ofrecerán formación a través de contidos dixitais a partir do próximo curso. O CEIP Rosalía de Castro de Bóveda, o CEIP de Quiroga e o CPI Dr. López Suárez de Escairón poderán desenvolver o currículo de 5º e 6º de Primaria mediante recursos dixitais. Pola súa banda, esta posibilidade estará dispoñible para os cursos 1º e 2º da ESO do colexio de Escairón e do IES Río Cabe de Monforte.

EQUIPAMENTO DAS AULAS E CONTIDOS DIXITAIS APORTADOS POLA XUNTA

Segundo explicaron dende a Consellería de Educación, os centros adheridos ao programa E-Dixgal recibirán dispositivos tecnolóxicos específicos para que o alumnado e o profesorado dos últimos cursos de Primaria e do primeiro ciclo de Secundaria poidan traballar na aula. Así mesmo, a Consellería facilitaralles o acceso a unha contorna de aprendizaxe virtual con contidos gratuitos achegados pola Xunta, e que poderán completar con outros proporcionados por cada centro.

TODAS AS ASIGNATURAS EN DIXITAL PARA PRIMARIA, E ATA SEIS PARA SECUNDARIA

Dentro do E-Dixgal, impártense en modalidade dixital a totalidade das materias dos cursos de Primaria incluídos nesta iniciativa. No caso da ESO, esta modalidade abrangue un máximo de seis materias, elixidas polo propio centro. Os libros e outro material didáctico dixital que teña o colexio ou instituto pode empregarse como complemento aos recursos dixitais de referencia para o curso.

Todos os centros adheridos a esta iniciativa dispoñen de conexión á plataforma EVA E-Dixgal, que ofrece contidos de aulaPlaneta, Netex, Edebé e Pearson. Así mesmo, poden acceder aos recursos xerados na iniciativa Dixit.

Na zona sur de Lugo, serán once os centros educativos que participarán no programa E-Dixgal, pertencentes a seis concellos.

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre EDUCACION

Ir a Inicio