Crónica del sur de Lugo

Sarria estrea nova pista de skate no parque do Chanto

O Concello financiou esta instalación deportiva con 9.500 euros do Plan Único da Deputación

A nova pista de skate do Chanto quedou inaugurada o 15 de xuño, coa presenza do deputado de Deportes, Efrén Castro, ademais do alcalde de Sarria, Claudio Garrido. GPVDL

Dende mediados de xuño, os rapaces e rapazas de Sarria xa poden desfrutar de novo da prática do skate. O Concello inaugurou o día 15 unha nova pista no parque do Chanto, para substituír á anterior, moi deteriorada pola chuvia e o paso do tempo. A nova instalación, que conta con cinco módulos para realizar saltos e acrobacias, supuxo un investimento de 9.500 euros, custeados con cargo ao Plan Único da Deputación de Lugo.

EN RESPOSTA ÁS DEMANDAS DA MOCIDADE DE SARRIA

No acto inaugural, celebrado na mañá do luns 15 de xuño, estiveron presentes o alcalde de Sarria, Claudio Garrido; o concelleiro de Deportes, Félix Seijas; e o deputado de Deportes, o nacionalista Efrén Castro. O responsable provincial da área de Deportes lembrou que, con esta nova pista, dáse resposta á demanda da rapazada de Sarria, que chegou incluso a realizar unha concentración na Praza da Vila, na que pediron un espazo axeitado e en condicións no que poder desfrutar deste deporte.

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Ir a Inicio