Visita institucional á Cruz Vermella de Sarria

O nacionalista e deputado de Deportes, o sarriao Efrén Castro, doou o 30% da súa nómina de abril para colaborar con esta entidade social

O nacionalista Efrén Castro, deputado responsable da Área de Deportes da Deputación, co persoal de Cruz Vermella de Sarria, na visita que realizou á sede desta entidade social o 10 de xuño. GPVDL

O pasado 10 de xuño, o persoal da Cruz Vermella de Sarria recibiu a visita do deputado de Deportes, Efrén Castro, logo de que o nacionalista fixera efectiva a doazón do 30% da súa nómina de abril para colaborar con esta entidade. Castro materializou así o compromiso dos membros do Goberno provincial de ceder parte destes ingresos aos colectivos sociais fronte ao impacto da pandemia da Covid-19.

LABOR SOCIAL TODO O ANO, E ESPECIALMENTE PARA AXUDAR AOS MÁIS VULNERABLES DURANTE A PANDEMIA

Na súa visita á sede da Cruz Vermella de Sarria, o deputado nacionalista gabou o labor desta institución, que traballa na mellora da calidade de vida de enfermos de alzheimer, e desenvolve clases de apoio escolar e de idioma co fin de axudar á integración das persoas inmigrantes. A crise sanitaria obrigou a reforzar algunhas das funcións que realiza esta entidade, como a provisión de medicamentos a persoas con dificultades económicas.

GRAN COLABORACIÓN PARA DESENVOLVER EVENTOS DEPORTIVOS

O deputado sarriao e responsable da Área provincial de Deportes destacou tamén o importante papel que realiza a Cruz Vermella da vila xacobea como apoio á organización e desenvolvemento de eventos de carácter deportivo.  

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Recepción oficial na Deputación ao ascendido Emevé feminino

Seguinte Nova

Case 44.000 euros da Xunta para que 9 concellos do sur contraten 14 socorristas

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: