Recepción oficial na Deputación ao ascendido Emevé feminino

O clube lucense será o único con representación masculina e femenina da vindeira Superliga de voleibol

Efrén Castro, deputado de Deportes, na recepción ás xogadoras e técnicos do Emevé de voleibol, que vén de ascender á Superliga. GPVDL

As xogadoras e corpo técnico do club lucense Emevé de voleibol celebraron o seu ascenso á Superliga cunha recepción institucional na Deputación. O acto tivo lugar na mañá do xoves 11 de xuño, coa presenza do deputado de Deportes, Efrén Castro. O nacionalista gabou o ascenso deste equipo durante a presente tempada, marcada pola Covid-19. Un logro deportivo que convirte ao Emevé no único club que terá representación masculina e feminina na máxima competición estatal para a vindeira tempada.

Na recepción ás xogadoras do Emevé, Efrén Castro destacou “o traballo de base” que desenvolve este club lucense, e que se reflicte “na presenza de numerosas canteirás no primeiro equipo”.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Aberto ata o 3 de xullo o prazo de inscrición no Centro de Formación Audiovisual da Deputación

Seguinte Nova

Visita institucional á Cruz Vermella de Sarria

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: