Crónica del sur de Lugo

O Pazo de Tor abre o 26 de xuño con medidas anti Covid 19

Os museos da Rede Provincial seguirán potenciando as actividades virtuais

A vicepresidenta da Deputación e responsable da área de Cultura, Maite Ferreiro, conversou coa xerente da Rede Museística Provincial, Encarna Lago (á dereita), na visita ao Pazo de Tor o 11 de xuño. GPVDL

A Rede Museística da Deputación de Lugo retoma as visitas presenciais, logo do parón por mor da alerta sanitaria. O Pazo de Tor, como os outros tres espazos desta Rede, abrirá as súas portas aos visitantes a partir do 26 de xuño, con diversos axustes e protocolos para garantir a seguridade dos ususarios.

XEL HIDROALCOHÓLICO, ALFOMBRAS DESINFECTANTES E MARCAS DE DISTANCIA SOCIAL

Para recibir aos visitantes, que deberán usar mascarilla durante todo o tempo que permanezan nas instalacións, o Pazo de Tor conta con dispensadores de xel hidroalcohólico, alfombras desinfectantes e diversas modalidades de sinais para marcar a distancia de seguridade de dous metros entre persoas.

AFORO REDUCIDO E DESEÑO DE PERCORRIDOS PARA GARANTIR UNHA EXPERIENCIA CULTURAL SEN RISCOS PARA A SAÚDE

Outra das recomendacións que rexerán as visitas ao Pazo de Tor e ao resto das instalacións da Rede é a limitación de aforo, para permitir o cumprimento da distancia social entre as persoas que acudan a desfrutar deste museo. Con este fin, tamén se deseñaron percorridos que permitan unha axeitada experiencia cultural con todas as garantías para a saúde dos visitantes, evitando aglomeracións e axustando o aforo permitido en cada espazo durante o horario de apertura. O persoal dos Museos encargarase, se fose preciso, de advertir aos usuarios das súas obrigas no cumprimento destas medidas de seguridade.

En canto ás visitas guiadas, só se atenderán reservas individuais ou para grupos de persoas que convivan habitualmente, ata un máximo de seis membros. O acceso seguirá a facilitar a visita de persoas con mobilidade reducida, tendo en conta a máxima da Rede Museística de ofrecer un espazo cultural inclusivo.

O horario de apertura dos museos da Rede Provincial será de martes a domingo, de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas.

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir a Inicio