Crónica del sur de Lugo

Cinco concellos da zona sur terán axudas autonómicas para reforzar as oficinas de turismo

A Xunta achegará 27.500 euros para contratar persoal específico en Pantón, Sober, Quiroga, Folgoso e Chantada

A oficina de Turismo de Sober, xunto coas de Pantón, Chantada, Quiroga e Folgoso, contará con máis persoal no verán grazas a una axuda da Xunta. GPDTL

O reforzo do persoal nas oficinas de Turismo da zona sur será unha realidade en cinco concellos, logo de que a Consellería de Cultura e Turismo notificase aos Consistorios as correspondentes axudas económicas.

Desta volta, os municipios de Pantón, Sober, Quiroga, Folgoso e Chantada poderán dispoñer dunha aportación de 5.500 euros por Concello, para contratar persoal específico no servizo de información aos visitantes. Segundo destacou o delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, esta acción, que destina 27.500 euros á zona sur, permitirá xerar emprego na zona e ofrecer un servizo de calidade. A tramitación das axudas estivo paralizada por mor da crise sanitaria, e neste mes se reactiva a través dunha nova fórmula administrativa.

Balseiro salientou que, o ano pasado, Lugo foi a provincia galega na que máis creceu o turismo, cun incremento do 12,4% na demanda, e do 13% no número de turistas.

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

     
Ir a Inicio