Licitan a rehabilitación do Pazo de Diomondi para o seu uso como albergue

Esta acción da Xunta converterá o espazo patrimonial no primeiro albergue público do Camiño de Inverno

As melloras no Pazo Bispal de Diomondi darán como resultado o primeiro albergue público do Camiño de Inverno. GPDTL

A primeiros de xuño, a Xunta vén de licitar, por máis dun millón de euros, as obras de rehabilitación do Pazo de Diomondi para convertelo no primeiro albergue de peregrinos de titularidade pública no Camiño de Inverno.

RENOVACIÓN DA ESTRUTURA E MELLORA DA EFICIENCIA ENERXÉTICA

Segundo explicou o delegado territorial na provincia, José Manuel Balseiro, o venres 5 de xuño, o proxecto inclúe a apertura de novos ocos para aumentar a iluminación natural, así como a reparación de gretas detectadas nos muros. Tamén se van reconstruír os muros exteriores, mantendo a conservación das envolventes e edificacións anexas. Por último, renovaranse varios elementos, como a estrutura, os pavimentos de madeira, os forxados, e as mamposterías e carpinterías.

Estes detalles foron comentados por Balseiro por videoconferencia co alcalde do Saviñao, Juan Carlos Armesto, e a presidenta da Asociación de Amigos de Amigos do Camiño de Inverno, Aida Menéndez, coa presenza do arquitecto redactor do proxecto, Justo Portela. Balseiro lembrou que este proxecto forma parte do Plan de Albergues da Xunta de Galicia, co que se busca aproveitar elementos do patrimonio arquitectónico e cultural mediante a súa rehabilitación e acondicionamento para usos vinculados ás rutas xacobeas.

ALBERGUE CON 33 PRAZAS, E UNHA RESERVADA PARA PERSOAS DE MOBILIDADE REDUCIDA

O resultado final destas actuacións converterán o Pazo Bispal de Diomondi nun aloxamento de dúas plantas, con catro cuartos en total, dous no andar inferior e outros dous no superior. Neste mesmo nivel, estarán os aseos, a cociña, un cuarto de limpeza e unha sala de lecer. Abaixo, ademais dos dormitorios, haberá unha zona de recepción e de atención ao peregrino, así como un salón de usos múltiples e aseos. En total, o edificio disporá de 33 prazas, unha delas reservada para persoas de mobilidade reducida.  

Ademais, o proxecto incorpora o acondicionamento dunha edificación auxiliar, que se converterá nunha zona de servizo con lavadoiro, tendedeiro e cuarto para almacenamento de bicicletas, así como un corpo engadido para instalar os subministros do centro.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Arrancan os catamaráns da Ribeira Sacra con medidas anti-coronavirus

Seguinte Nova

Cinco concellos da zona sur terán axudas autonómicas para reforzar as oficinas de turismo

Últimas noticias sobre GALERÍA

A %d blogueros les gusta esto: