Crónica del sur de Lugo

A provincia de Lugo sumouse ao minuto de silencio en memoria das vítimas da Covid-19

Logo de dez días de loito oficial en toda España

Minuto de silencio no Concello de Monforte no último día do loito oficial polas vítimas do coronavirus. GPCM

O venres 5 de xuño á medianoite, rematan os 10 días de loito que decretou o Goberno de España para lembrar ás persoas falecidas como consecuencia da Covid-19. Ao mediodía deste venres, diversas institucións gardaron un minuto de silencio na memoria das vítimas, para poñer fin ao periodo de loito oficial no que as bandeiras ondearon a media hasta.

A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez; o comisario xefe provincial da Policía Nacional, José María Esteban; o coronel xefe da Comandancia da Garda Civil, Miguel Ángel González Arias, e os deputados provinciais Pablo Rivera e Mayra Gómez, no minuto de silencio celebrado o 5 de xuño. GPDGL

ISABEL RODRÍGUEZ: LEMBRANZA PARA TODOS OS AFECTADOS “QUE FORMARÁN PARTE SEMPRE DA NOSA MEMORIA COLECTIVA”

A esta iniciativa sumáronse os membros da Corporación local e funcionarios do Concello de Monforte, encabezados pola primeira tenente de alcalde, Gloria Prada. Na capital provincial, deputados e integrantes do Goberno da Deputación achegáronse ata a sede da Subdelegación do Goberno en Lugo, para cumplimentar o minuto de silencio xunto á titular deste organismo, Isabel Rodríguez. No acto, tamén estiveron presentes o comisario xefe provincial da Policía Nacional, José María Esteban, e o coronel xefe da Comandancia da Garda Civil, Miguel Ángel Gonzáles Arias. Rodríguez destacou a intención deste minuto de silencio “para lembrar a todas as persoas falecidas”, así como “para compartir a dor que sinten as súas familias e amigos”, salientando que todos eles “formarán parte sempre da nosa memoria colectiva”.

Minuto de silencio ao que se sumaron o persoal e as autoridades da Delegación Territorial da Xunta en Lugo, na mañá do venres 5 de xuño. GPDTL

IMPORTANCIA DE RESPECTAR AS NORMAS DE SEGURIDADE E HIXIENE PARA “VENCER DEFINITIVAMENTE AO VIRUS”

No acto en Lugo, a subdelegada do Goberno fixo un chamamento á cidadanía da provincia para que manteñan “o comportamento cívico e solidario” que amosaron durante o confinamento. Rodríguez insistiu na importancia de seguir cumprindo a normativa sanitaria “porque así seremos quen de vencer definitivamente ao virus”.

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre CORONAVIRUS

Ir a Inicio