Comezan os traballos de desbroce nas estradas provinciais

As tarefas arrancaron de xeito simultáneo nas 24 zonas nas que se organizou a rede

Arranque dos traballos de roza da Deputación nas estradas provinciais do Saviñao. GPDL

Co inicio do mes de xuño, a Deputación deu luz verde aos traballos de desbroce nos 4.200 quilómetros de rede viaria da súa titularidade. Este ano é o primeiro en moito tempo en que a roza comeza tan cedo nas estradas provinciais. Ademais, os labores arrancaron de xeito simultáneo na totalidade das 24 zonas nas que se organiza a rede viaria para este tipo de accións.

ESTRADAS MÁIS SEGURAS, E PROTECCIÓN CONTRA LUMES FORESTAIS

Cun orzamento de 750.000 euros para este ano, os traballos de roza nas estradas provinciais quedarán rematados a finais do mes de xullo. O obxectivo destes labores anuais é mellorar a seguridade e a comodidade dos condutores, ao tempo que se traballa na prevención dos incendios forestais.

OITO ZONAS PARA OPTIMIZAR O DESBROCE NO SUR

As estradas provinciais do sur de Lugo repártense en oito zonas, co fin de organizar estes traballos con maior eficacia. A comarca de Chantada está repartida entre as zonas 21, cos concellos de Chantada e Carballedo, e a 20, con Taboada. Nesta última, está incluído o municipio de O Saviñao. O resto dos concellos da comarca de Lemos distribúense entre a zona 23, con Bóveda, A Pobra do Brollón e Monforte de Lemos, e a 24, con Pantón e Sober. A zona 22 ocupa os municipos de Folgoso do Courel, Quiroga e Ribas de Sil. Os municipios da comarca de Sarria repártense entre a zona 18, que engloba O Páramo, Paradela e Sarria, e a zona 19, con O Incio, Triacastela e Samos, mentres que Láncara está integrada na zona 12, xa con Baralla e Baleira.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Hosteleiros e comerciantes lucenses aprenderán cun curso a reactivar os seus negocios na nova normalidade

Seguinte Nova

Aberto o prazo de matrícula na gardería municipal de Monforte

Últimas noticias sobre GALERÍA

A %d blogueros les gusta esto: