Crónica del sur de Lugo

O Saviñao amplía a protección ante contaxios cun túnel de desinfección á entrada do Consistorio

O dispositivo funciona con auga ozonizada

O túnel de desinfección por auga ozonizada xa funciona á entrada do Consistorio do Saviñao, en Escairón. GPCOS

O Goberno local do Saviñao vén de incorporar un novo elemento de protección para evitar contaxios pola COVID-19. A finais de maio, quedou instalado e funcionando un túnel de desinfección á entrada da Casa Consistorial de Escairón. Este sistema emprega a auga ozonizada para eliminar o coronavirus de calquer superficie.

O TÚNEL COMPLEMENTA ÁS MAMPARAS, DISPENSADORES DE XEL E EQUIPOS CON FILTRO PURIFICADOR QUE XA ESTABAN EN USO

Con este xesto, o Goberno local quere garantir a seguridade dos traballadores municipais e dos veciños que acoden ao Concello a facer xestións. “Estamos a facer un esforzo importante na protección da nosa xente. Cremos que non pode ser doutro xeito, debido á situación que hai”, precisou o alcalde, Carlos Armesto. O Concello xa incorporara outros elementos de hixiene e protección, como dispensadores de xel hidroalcohólico, mamparas nos espazos de atención ao público, e máquinas con filtro purificador. A estas unidades hai que engadir outros oito equipos de desinfección que o Goberno local repartiu nos edificios públicos. Armesto destacou que estes equipos son punteiros, pola súa capacidade para desinfectar 600 metros cúbicos por hora.

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre CORONAVIRUS

Ir a Inicio