Crónica del sur de Lugo

Os concellos do sur lucense reciben outra quenda de epis da Xunta

O lote inclúe 5.500 unidades de protección fronte ao coronavirus, para cubrir os servizos básicos nas comarcas de Lemos, Quiroga e Chantada

Un dos lotes con material de protección individual que a Xunta achegou aos concellos lucenses durante o confinamento. GPDTL

A finais de maio, a Xunta está a completar unha nova entrega de equipos de protección individual fronte ao coronavirus, con destino aos concellos das comarcas de Lemos, Quiroga e Chantada. Estes municipios recibirán 5.500 unidades, que inclúen 3.188 máscaras cirúrxicas e pantallas faciais, 2.200 guantes e 130 traxes e batas antisalpicaduras.

MÁIS DE 47.000 EPIS PARA GARANTIR OS SERVIZOS ESENCIAIS NOS ÚLTIMOS DOUS MESES

No balance que fixo o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, especificáronse a cantidade e a tipoloxía dos materiais de protección que o Executivo autonómico fixo chegar aos municipios da zona sur nos dous últimos meses. Balseiro explicou que as entregas periódicas deste material superan as 47.000 unidades só nestas tres comarcas lucenses. O conxunto hixiénico-sanitario que se distribuiu dende o inicio do confinamento incluiu 24.800 luvas, 20.100 máscaras e pantallas faciais, 1.500 traxes e batas antisalpicaduras, e produtos de desinfección.

O delegado precisou que estas unidades serviron para cubrir as necesidades dos profesionais encargados do Servizo de Axuda no Fogar, así como dos voluntarios de Protección Civil e os membros da Policía Local, ademais do persoal doutros servizos esenciais.

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre CORONAVIRUS

Ir a Inicio