Crónica del sur de Lugo

Novas actuacións para conservar o legado románico de Pantón

Con máis de 40.000 euros, a Xunta acondicionará a contorna e o adro de Atán, ademais de actuar na conservación das pinturas murais

O románico é un dos elementos representativos de Pantón e de toda a Ribeira Sacra. Na imaxe, detalle da igrexa de San Miguel de Eiré, en Pantón. TXG

O románico da Ribeira Sacra verase reforzado cunha nova restauración, que se centrará nun dos templos máis significativos do patrimonio monumental de Pantón. A Xunta vén de iniciar os trámites para a restauración de varios elementos da igrexa de Santo Estevo de Atán, cun investimento que supera os 40.000 euros. A acción está cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020. O proxecto, a cargo da Consellería de Cultura a través da Dirección Xeral de Patrimonio, dará continuidade ás accións desenvolvidas neste mesmo espazo entre os anos 2002 e 2015.

DETALLE DAS ACTUACIÓNS

Desta volta, os traballos centraranse na recuperación dos muros da contorna da igrexa, ademais de verificar a correcta drenaxe perimentral e o estado das canalizacións de pluviais. No exterior do edificio, procederase á limpeza e á substitución de morteiros do muro sur. Respecto ao interior do templo, vaise aumentar a separación dos vidros para mellorar a ventilación, e se realizará un mapeo das pinturas murais, xunto a toma de mostras diagnósticas para resolver posibles deterioros.

O proxecto ten un prazo de execución de seis semanas, para dar solución aos problemas detectados neste edificio.

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir a Inicio