Os arranxos no IES Lama das Quendas estarán listos para o inicio do vindeiro curso

A Xunta adxudicou por case 600.000 euros os traballos de rehabilitación enerxética do instituto chantadino

Imaxe de arquivo dunha visita do delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, ao IES Lama das Quendas, acompañado polo alcalde de Chantada, Manuel Varela. GPDTL

Durante os meses de verán, desenvolveranse novas obras de mellora no IES Lama das Quendas de Chantada, que a Xunta vén de licitar por case 600.000 euros. Segundo explicou o delegado territorial, José Manuel Balseiro, o proxecto, no que a Consellería de Educación traballou en colaboración co Concello de Chantada, suporá “unha renovación integral e modernización das instalacións do centro”. Está previsto que os traballos queden rematados antes do inicio do vindeiro curso.

MELLOR ILLAMENTO TÉRMICO EN FACHADA E VENTÁS

Con estas obras, trátase de mellorar a eficiencia enerxética do instituto chantadino, con arranxos no interior e no exterior do edificio. O proxecto que se acaba de adxudicar inclúe a colocación dun novo illamento na fachada mediante o sistema SATE, ademais da substitución das actuais fiestras por unhas novas de carpintería de aluminio con rotura de ponte térmica e vidro dobre baixo emisivo. Cambiaranse tamén as persianas, para instalar outras que incorporan illante térmico interior.

Nos elementos anexos do instituto, realizarase unha mellora puntual da cuberta do polideportivo, e se substituirá o termo dos vestiarios.

RENOVACIÓN COMPLETA DOS ASEOS, E PINTADO DE AULAS E CORREDORES

No interior do edificio, realizaranse varias melloras, como o pintado de aulas e corredores, a renovación completa de aseos, incluíndo novo mobiliario, fontanería e saneamento. Ademais, procederase a abrillantar o pavimento de terrazo.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O Saviñao estreará novos pavimentos en 40 quilómetros de accesos por case todas as parroquias

Seguinte Nova

Novas actuacións para conservar o legado románico de Pantón

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: