O Concello desbrozará a contorna de San Vicente a mediados de xuño

Para realzar unha das zonas máis emblemáticas de Monforte

Imaxe de arquivo de anteriores traballos de limpeza realizados no Bosque dos Loureiros. GPCM

A mediados de xuño, o Concello de Monforte comezará os traballos de desbroce da contorna de San Vicente, para telos completados no prazo dun mes. Segundo explicou o alcalde, José Tomé, o Consistorio inviste case 17.500 euros na limpeza das masas vexetais nunha extensión que supera os 14.000 metros cadrados. A importancia de manter en óptimas condicións esta superficie de titularidade pública foi destacada polo rexedor local, xa que “o conxunto monumental de San Vicente e a súa contorna teñen un incuestionable valor histórico, arquitectónico e social para o noso municipio”.

ESPAZOS QUE ESTARÁN LIBRES DE MALEZA

A eliminación da maleza realizarase na zona de San Vicente, tanto nas ladeiras colindantes coa Torre dos Taboada e o restaurante O Grelo, como no espazo entre este establecemento e a muralla, incluíndo o Campo da Virxe, o Parador, a Torre Pequena e o Miradoiro. Tamén se vai desbrozar a contorna das Portas Nova e do Alcázar, a baixada á rúa A Pena e o Parque dos Loureiros, e a superficie situada entre o muro de contención e unha finca privada. O proxecto de desbroce complétase con accións no solar da rúa A Cerca que sube á rúa Burato, o vial que dá ao depósito da auga, e na contorna da Torre Falagueira.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Sober e Pantón recuperan a actividade das oficinas de Turismo

Seguinte Nova

Lavar as mans: un xesto de saúde persoal e de compromiso coa sociedade

Últimas noticias sobre GALERÍA

A %d blogueros les gusta esto: