Crónica del sur de Lugo

Sober e Pantón recuperan a actividade das oficinas de Turismo

Con redución de aforo e uso obrigatorio de máscaras

Medidas de seguridade para frear o contaxio da Covid-19 na Oficina de Turismo de Sober, que reabriu o pasado 22 de maio. GPCS

Os concellos do sur de Lugo seguen dando pasos para recuperar a normalidade, cos matices impostos pola precaución sanitaria. Dende o 22 de maio, a Oficina de Turismo de Sober atende de novo as consultas presenciais, e a de Pantón reactivou o servizo o 25 de maio.

SEGURIDADE PARA VISITANTE E TRABALLADORES

Estes espazos municipais esixirán medidas de distancia social, limitación de aforo e o emprego obrigatorio de máscaras ao acceder ao interior da oficina. Elementos que xa empezan a ser comúns, como as mamparas de separación, os vinilos no chan ou os dispensadores de xel hidroalcohólico, tamén están presentes nestas oficinas, para garantir a seguridade dos traballadores e dos visitantes que acuden a informarse sobre os atractivos destes municipios. En Sober, suprimíronse os folletos en papel, que só serán de uso para os profesionais da oficina.

HORARIOS DE INFORMACIÓN TURÍSTICA EN PANTÓN E SOBER

A Oficina de Turismo de Pantón abre de luns a venres de 10 a 13 horas, e de 16 a 19 horas, e tamén os sábados pola mañá, de 10 a 13 horas. En Sober, a Oficina de Turismo está aberta de xoves a domingo, en horario de 9:30 a 14:30 horas.

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre GALERÍA

Ir a Inicio