Ideas emprendedoras: O IES Daviña Rey entrega os premios ‘José Luis Losada’

Redacción-Monforte

Un ano máis, o instituto de ensino secundario Daviña Rey entregou os premios destinados a xóvenes emprendedores da comarca; uns galardóns que levan o nome de José Luis Losada, profesor xa falecido do centro monfortino. A entrega de distincións tivo lugar no salón de actos do instituto e estivo presidida polo seu director, Vicente Docasar. Este ano os galardóns “Xóvenes emprededores José Luis Losada” foron para cinco antigos alumnos do centro, todos eles cun proxecto emprendedor en marcha. Os premiados foron David Rodríguez e Jesús López, que montaron a súa propia firma de electricidade, denominada Daysu; Rubén de Vicente Prada, que cursou estudos da rama sanitaria no centro e agora leva a súa propia clínica de odontoloxía; Manuel Fernández, propietario do restaurante Manuel Bistró en Monforte; Roberto Pérez, que tras unha etapa como empregado por conta allea creou a firma Agrícola Lemos; e Alberto Díaz, creador da empresa de comunicación Mordisco Films. Neste último caso, o encargado de recoller o premio foi o seu irmán Jesús, tamén estudante do Daviña Rey, xa que o premiado non puido asistir. Os ex alumnos recibiron unha pequena placa como símbolo de recoñecemento. Asimesmo, ademais de premiar aos xóvenes emprendedores, dende o instituto tamén quixeron recoñecer a labor realizada por varias empresas da zona, pola súa contribución á creación de riqueza e emprego na zona sur da provincia. Neste senso, os galardoados foron por un lado, a firma Inelcom, asentada en Sarria dende o 2005 e adicada ao sector das comunicacións. Ademais, recibiu un premio Solidaridad Solar, a empresa que ten en marcha o parque solar de Seteventos, e por último, Alcor, unha firma monfortina especializada no sector da seguridade e a cuxo frente está Carlos Somoza.

Na primeira fila, os mozos emprendedores premiados no IES Daviña Rey. EC

Mirando ao futuro

Ao final do acto e aproveitando a ocasión, o director do centro, Vicente Docasar, explicou que dende o instituto van a poñer en marcha unha iniciativa denominada “SILdarei”; consistente nun programa de inserción laboral. “Trátase de axudar a buscar traballo aos alumnos do Daviña Rey, será como o noso Inem particular, cunha base de datos dos alumnos, sempre actualizada; un servizo que daremos aos alumnos e ás empresas a través da páxina web”; un proxecto realizado na súa totalidade polos profesores do centro.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O servizo de Ludoteca de Quiroga, que voltará no mes de outubro, celebrou o fin de curso cun gran festa

Seguinte Nova

Unha alumna do Río Cabe gana a Olimpiada Galega de Economía

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: