Crónica del sur de Lugo

Rematan os traballos de arranxo da cuberta do IES Río Cabe

A Xunta reparou en dúas semanas os danos que causara o vendaval de comezos de maio

Vista da nova cuberta dun dos anexos do IES Río Cabe, logo da retirada da antiga chapa que estragara o vendaval do 4 de maio. GPDTL

O IES Río Cabe de Monforte recuperou a integridade das súas estruturas, que se viran deterioradas por un vendaval, ocorrido o pasado 4 de maio. A Xunta anunciou o remate das obras de reparación da cuberta dun dos edificios deste complexo educativo, traballos nos que investiu 40.000 euros.

RETIRADA DO AMIANTO

Segundo informaron dende a Delegación Territorial, a climatoloxía adversa supuxo un dano parcial na cuberta dun dos pavillóns anexos ao edificio central. Con todo, a Xunta decidiu acometer o cambio total do teito, retirando a chapa completa e o antiguo material de fibrocemento con amianto, e colocando unha nova cuberta con panel sandwich. Dende a Delegación salientaron que os traballos comezaron “de inmediato”, tralo incidente atmosférico do 4 de maio, e prolongáronse durante dúas semanas.

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre GALERÍA

     
Ir a Inicio