Crónica del sur de Lugo

A Deputación renova a colaboración coa UNED de Lugo

Con este convenio, o organismo provincial achega case 300.000 euros para o funcionamento do Centro Asociado da UNED lucense

Foto de arquivo da inauguración do curso académico 2019-2020 na UNED de Lugo, o pasado 13 de novembro. GPDL

A colaboración entre a Deputación e a UNED de Lugo continúa, logo da renovación do convenio entre estas dúas entidades, por importe de case 300.000 euros. Con este acordo, a Deputación contribúe ao funcionamento do Centro Asociado da UNED de Lugo para o ano 2020.

Segundo precisaron dende o organismo provincial, este importe axudará a custear os gastos de administración e servizos, dirección, coordinación e titorías, ademais do mantemento de locais, edificios e materiais. Así mesmo, esta partida tamén contribúe a financiar o desprazamento de profesores para a impartición de seminarios ou convivencias, así como para a participación en tarefas de dirección e coordinación.

Dende a Deputación salientaron que o convenio forma parte das diversas liñas de colaboración que existen entre o organismo provincial e a UNED de Lugo. Nesta acción conxunta, inclúense numerosos proxectos e iniciativas para que o alumnado poida ampliar a súa formación.

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre CULTURA

     
Ir a Inicio