Crónica del sur de Lugo

Xa se poden solicitar as axudas do Plan Reactiva Monforte dende o 14 de maio

O prazo remata o 12 de xuño

Reunión na que o alcalde, José Tomé, presentou o plan Reactiva Monforte aos representantes do tecido económico local. GPCM

Pequenos empresarios, desempregados e autónomos da cidade do Cabe, xa poden solicitar, a partir do 14 de maio, as axudas do Plan Reactiva Monforte, unha iniciativa dotada con 1,4 millóns de euros para paliar os danos que a crise sanitaria está provocando na economía local. O prazo para presentar solicitudes remata o 12 de xuño.

Dende o Concello de Monforte explicaron que, por tratarse dunha medida extraordinaria para facer fronte á pandemia da COVID-19, esta tramitación non se verá afectada pola paralización dos prazos administrativos que se aplica ao conxunto de xestións coas administracións públicas.

A tramitación destas axudas estará a cargo dun equipo formado por catro persoas, baixo a coordinación da tenente de Alcalde e concelleira de Promoción Ecónomica, Gloria Prada.

As axudas van destinadas a pequenos empresarios e autónomos, así como persoal afectado por un ERTE, persoas que perderon o emprego debido aos peches ocasionados pola alerta sanitaria, ou contratados temporais aos que non se lles renovará o contrato por este mesmo motivo.

O formulario de solicitude, así como a información sobre a documentación que hai que acompañar, está dispoñible no enlace directo http://www.monfortedelemos.es/gl/subvencions-gl, dentro da páxina web do Concello de Monforte de Lemos.

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

     
Ir a Inicio