Crónica del sur de Lugo

As feiras recuperan o seu pulso pouco a pouco no sur de Lugo

Sober permitiu só postos de alimentación, e Bóveda retomará o mercado de Rubián con varios pulpeiros na nave aberta

Panorámica do mercado celebrado en Sober o 12 de maio, o primeiro despois de dous meses sen actividade pola pandemia. GPCS

A vida cotiá vai recuperando os seus costumes tralo parón pola crise sanitaria. As feiras do mes volven ofrecer a súa tradicional cita coa veciñanza, pero de xeito mesurado e con medidas de seguridade.

Logo de que Monforte abrira o calendario de mercados hai uns días, limitando o aforo e a presenza de postos, Sober tomou o relevo o pasado 12 de maio, permitindo só a venda de produtos alimentarios. Os visitantes puideron tomar o pulpo na Bodeguilla de Marce, ou levalo para a casa.

POSTOS DE ALIMENTACIÓN E POLBO NA NAVE ABERTA DE RUBIÁN O DÍA 14

Idéntica situación é a que prevé o Concello de Bóveda para o mercado do día 14 en Rubián. A nave aberta será o lugar escollido para instalar os postos de venda de verduras, hortalizas e queixos, entre outros produtos agroalimentarios. Neste espazo estarán tamén varios pulpeiros, que colocarán mesas separadas para servir o produto.

Con todo, os concellos non baixan a garda, e recomendan aos visitantes o uso de mascarilla, e especialmente o mantemento da distancia de seguridade, para evitar posibles contaxios.

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre EVENTOS

     
Ir a Inicio