Crónica del sur de Lugo

Usuarios de residencias lucenses recibiron teléfonos móbiles e tabletas para comunicarse coa familia durante o confinamento

A Xunta distribuiu 60 unidades, cedidas por Cenor Electrodomésticos, Orange, Fundación Profuturo e La Caixa

Os móbiles e as tabletas permitiron o contacto visual entre usuarios e as súas familias, para aliviar a distancia por mor do confinamento. GPDTL

A solidariedade e a acción conxunta seguen en marcha para facer fronte aos efectos da pandemia, nesta ocasión para mitigar a soidade dos que viven nunha residencia. Con esta finalidade, a Xunta repartiu un total de 60 teléfonos móbiles e tabletas entre os usuarios de 15 centros de maiores e de atención ás persoas con discapacidade, así como vivendas comunitarias para menores da provincia. A iniciativa, desenvolvida dentro do Plan Social de Continxencia, foi posible grazas á colaboración de Cenor Electrodomésticos, a compañía Orange, a Fundación Profuturo e La Caixa. O delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, puxo de manifesto esta acción como “mostra da solidariedade que todo o tecido social galego está a amosar nesta pandemia”.

OS DISPOSITIVOS INTELIXENTES PERMITEN A COMUNICACIÓN VISUAL ENTRE RESIDENTES E AS SÚAS FAMILIAS

Debido á pandemia, nas residencias e centros de menores da provincia intensificouse a comunicación telefónica. Pero estes dispositivos permitiron ademais unha comunicación visual entre usuarios e as súas familias, algo moi importante para suplir a falta de visitas e encontros persoais por mor do confinamento.

UNHA DUCIA DE DISPOSITIVOS PARA TRES CENTROS RESIDENCIAIS DA ZONA SUR

Na zona sur de Lugo, a Xunta entregou media ducia de dispositivos móbiles na residencia de maiores de Monforte, e outros dous na de Quiroga. Así mesmo, enviáronse catro unidades ao centro de atención a persoas con discapacidade de Sarria.

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre GALERÍA

     
Ir a Inicio