Crónica del sur de Lugo

Axentes medioambientais voluntarios reparten a domicilio os libros que quedaron nos colexios de Monforte

A iniciativa da Xunta trata de facilitar a continuidade do curso dende a casa para escolares de infantil e primaria

Axentes voluntarios tras recoller e clasificar o material escolar no CEIP A Gándara, de Monforte, para entregalo a cada escolar nos seus domicilios, o 12 de maio. GPDTL

Os escolares de infantil e primaria dos colexios públicos de Monforte comezaron a recibir na casa o material que lles quedou nas aulas debido ao peche pola pandemia. A tarefa de reparto están a realizala axentes medioambientais da Xunta, que se prestaron a colaborar de xeito voluntario.

AXUDA PARA O TRABALLO ESCOLAR, E PREVENCIÓN DE POSIBLES CONTAXIOS PARA AS FAMILIAS

O obxectivo desta iniciativa, segundo explicou o delegado territorial en Lugo, José Manuel Balseiro, é facilitar que os escolares poidan seguir co traballo do curso dende a casa, dispoñendo de todos os libros e materiais que usaban na clase presencial. Ademais, trátase de evitar desprazamentos ás familias, así como posibles aglomeracións nos centros educativos.

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre CULTURA

     
Ir a Inicio