Crónica del sur de Lugo

O bus urbano de Monforte volve dar servizo a partir do 11 de maio

Co paso de Galicia á fase 1, o Concello reactiva o bus gratuíto, con 2.000 mascarillas para os usuarios que non dispoñan dela

O bus urbano gratuíto de Monforte funcionará dende o 11 de maio coas mesmas rutas e horarios, aínda que con estrictas medidas de seguridade. GPCM

Dende o 11 de maio, o bus urbano gratuíto de Monforte volverá a ofrecer os percorridos habituais polas rúas monfortinas, logo que o Concello levantara a suspensión forzosa deste servizo. O estado de alarma levou ao Goberno local a decretar o cese do transporte público municipal o pasado 14 de marzo, situación que está a rematar ao permitir o Goberno central que Galicia avance cara á fase 1 da desescalada. Deste xeito, o bus mantén os mesmos percorridos e horarios, aínda que incorpora modificacións en canto ao aforo e as normas para os usuarios.

USO OBRIGATORIO DE MASCARILLA PARA SUBIR AO BUS

Segundo explicou o alcalde, José Tomé, a veciñanza poderá empregar o bus gratuíto respectando as medidas de seguridade. O uso da mascarilla será obrigatorio, polo que o condutor ofrecerá unha mascarilla aos pasaxeiros que non dispoñan dela. Para cubrir estas necesidades, o Concello entregou un lote 2.000 mascarillas sanitarias á empresa concesionaria do servizo de autobús.

Pola súa banda, os traballadores deste servizo que teñan contacto directo cos usuarios deberán ir equipados con mascarilla e ter acceso a solución hidroalcohólicas para garantir a seguridade.

ELIMINADAS AS PRAZAS DE PÉ, E SÓ DOUS USUARIOS SENTADOS POR FILA

En canto á distancia, os pasaxeiros deberán manter a máxima separación entre eles, polo que quedan suprimidas as prazas de pé. As prazas con asento quedan limitadas á metade das dispoñibles, non puidendo sobrepasarse este aforo. Ao estar distribuidas en filas de tres asentos, haberá que deixar obrigatoriamente libre a praza do medio, cunha ocupación máxima de dous pasaxeiros por fila. Será obrigatorio manter baleira a fila posterior do posto do condutor.

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre GALERÍA

     
Ir a Inicio