Retoman as obras do novo centro de saúde do Saviñao

Coa cimentación xa completada, a Xunta reinicia as obras da estrutura, para ter rematado o conxunto en outono

Parte dos planos do novo centro de saúde do Saviñao, que estará rematado en outono. GPDTL

O avance na desencalada estase notando na recuperación da obra pública. No Saviñao, a Xunta vai retomar as obras pendentes para habilitar un novo centro de saúde, na rúa Valle Inclán da capitalidade. Segundo precisou o delegado territorial en Lugo, José Manuel Balseiro, o Executivo autonómico destina 1,1 millóns de euros a esta infraestructura sanitaria, que se prevé ter rematada en outono deste ano. O novo espazo permitirá ampliar nun 33% a superficie deste servizo.

Unha vez que estaba completada a cimentación, a volta aos traballos permitirá levantar a estrutura e completar a edificación sobre a parcela de 2.060 metros cadrados que o Concello do Saviñao cedeu ao Servizo Galego de Saúde. A superficie final de uso sanitario pasará dos 562 metros cadrados actuais aos 745.

CONSULTAS DE MEDICINA XERAL E ÁREA DE PEDIATRÍA

A dotación final do centro incluirá seis consultas de medicina e enfermería, tres para cada servizo, ademais doutra sala de toma de mostras de uso polivalente. Habilitarase ademais unha área de pediatría, integrada por unha consulta e unha sala de consulta e outra de enfermería desta especialidade. O novo centro completarase cunha sala de xuntas, ademais dos espazos de uso específico como o arquivo de historias clínicas, a recepción, os almacéns ou os vestiarios, entre outras funcionalidades.

INTERIOR REPARTIDO EN TRES ÁREAS

O interior do edificio distribuirase en tres ámbitos. A zona de acceso incluirá a recepción co mostrador, a administración, unha área de espera, almacéns e aseos públicos. Na área clínica, situaranse as consultas de medicina xeral e pediatría, en espazos independentes, aos que se poderá acceder dende a recepción.  

Xunto a área clínica irán emprazadas as salas de espera con aseos públicos adaptados. Ademais, a área de uso exclusivo do persoal estará diferenciada da área clínica, con dous vestiarios e unha sala de xuntas.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Sober facilita a desescalada aos universitarios e estudantes de secundaria

Seguinte Nova

O bus urbano de Monforte volve dar servizo a partir do 11 de maio

Últimas noticias sobre GALERÍA

A %d blogueros les gusta esto: