Crónica del sur de Lugo

Sober facilita a desescalada aos universitarios e estudantes de secundaria

O Concello establece un protocolo para usar de xeito seguro a aula de informática e a biblioteca, con acceso gratuíto a internet

Aula Municipal de Novas Tecnoloxías de Sober, á que os estudantes de Secundaria e universitarios poden acceder con cita previa durante a desescalada. GPCS

A pesares do estado de alerta e con toda a excepcionalidade propia da situación, o curso escolar segue adiante, e enfila nestes días a súa recta final. Para facilitar aos estudantes de Secundaria e Formación Profesional, así como aos que cursan grados universitarios, o Concello vén de establecer un protocolo para empregar a Aula Municipal de Novas Tecnoloxías e a Biblioteca Municipal. O protocolo esixe o mantemento da distancia social e, para poder cumplilo, é preciso solicitar cita previa de uso destes espazos.

CITA PREVIA POR TELÉFONO OU POR CORREO ELECTRÓNICO

Deste xeito, aqueles estudantes que desexen traballar nun entorno máis tranquilo e recollido que facilite a concentración, ou ben precisen acceder ao fondo bibliográfico ou a internet de balde, deberán solicitar cita previa a través dos teléfonos 982 40 05 13 e 982 46 04 14, ou dos correos electrónicos biblioteca@concellodesober.com, informatica@concellodesober.com.

Pola súa banda, o Concello garantirá o mantemento dunha correcta desinfección destes locais e de todos os materiais que ofrecen.

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre CULTURA

     
Ir a Inicio