Crónica del sur de Lugo

Colaboración entre Xunta e colexios lucenses para achegar aos escolares o material que deixaron nas aulas

A recollida e reparto, a cargo de axentes medioambientais voluntarios, dará facilidades aos estudantes para seguir o curso

O material escolar que quedou nas aulas antes do confinamento poderá recuperarse polo acordo entre a Xunta e os colexios lucenses. (Foto: Pixabay)

A emerxencia sanitaria provocou a saída precipitada das aulas, o que provocou que moitos escolares abandonaran parte do seu material de estudo nos colexios. Para recuperalos e poder dar continuidade ao curso dende a casa, a Xunta vén de acordar cos centros un operativo de recollida e entrega a domicilio deste tipo de materiais.

Na provincia de Lugo, o Posto de Mando Avanzado constituído para centralizar a xestión da pandemia colaborará coa dirección dos centros escolares lucenses para que axentes medioambientais voluntarios poidan recoller os libros e cadernos que quedaron nas aulas e entregalos aos seus donos a domicilio.

AS FAMILIAS INTERESADAS DEBERÁN SOLICITALO AO SEU COLEXIO

Para isto, será preciso que as familias contacten cos seus centros educativos, e o equipo directivo encargarase de xestionar a recollida e o reparto. O servizo estará operativo en toda a provincia agás o núcleo urbano do Concello de Lugo, polas facilidades que a súa disposición ofrece para realizar a recollida en persoa. Dende a Delegación Territorial, encargada do Posto de Mando Avanzado, explicaron que algúns colexios lucenses xa completaron esta tarefa pola súa conta, ou ben coa colaboración de persoal municipal ou de emerxencias.

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre CULTURA

     
Ir a Inicio